TrabalhosGratuitos.com - Trabalhos, Monografias, Artigos, Exames, Resumos de livros, Dissertações
Pesquisar

Vaca

Resenha: Vaca. Pesquise 860.000+ trabalhos acadêmicos

Por:   •  17/11/2013  •  Resenha  •  396 Palavras (2 Páginas)  •  479 Visualizações

Página 1 de 2

A vaca (Bos taurus) é un animal doméstico orixinario de Europa. Utilízase para a produción de leite, carne e coiro e tamén e animal de traballo, dependendo da raza e o grao de tecnificación do lugar. As femias coñécense como vacas e os machos como bois ou touros. As crías denomínanse puchos, cuchos, cuxos, becerros ou tenreiros, e desde o ano de idade ata que paren, xovencas. Existen os adxectivos vacún/vacúa e bovino.

Segundo a FAO, no ano 2005 existían no planeta 1.272 millóns de vacas, incluíndo nesta cifra a cebús e iacs. En 2009 a cifra ascendía a 1.382.241.378. Delas corresponderían 270.675.336 a África, 509.551.701 a América, 439.175.098 a Asia, 38.616.809 a Oceanía e 124.222.434 a Europa. Destas, 6.020.200, están en España, que ocupa o sétimo lugar do continente e o sexto da Unión Europea por número de cabezas de gando bovino[2].

Os testículos dos máis novos están localizados inicialmente en posición abdominal antes de migrar cara ao saco escrotal; ambos os dous testículos pesan xeralmente uns 800 g e están recubertos por unha membrana fibrosa inelástica, a albuxínea, unida ao músculo cremáster que pode retraer ou facer variar a súa altura. Ao testículo úneselle o epidídimo, constituído polos canais aferentes. A súa cabeza está aplicada sobre o testículo e comunica con el por varios condutos, e a súa cola, máis fina, desemboca no conduto deferente. No epidídimio é onde os espermatozoides terminan a súa maduración. O conduto deferente conéctase á uretra no mesmo lugar que as vesículas seminais, unhas glándulas lobuladas que miden entre 8 e 15 cm de lonxitude, de 3 a 5 cm de ancho e 1-2 cm de espesor. Forman, xunto coa próstata e as glándulas bulbouretrais, as glándulas anexas, que secretan diversos compoñentes do esperma. A próstata do boi é de pequeno tamaño e dispersa en torno á uretra. As glándulas bulbouretrais, do tamaño dunha castaña, están localizadas na porción posterior da uretra. O pene mide entre os 80 e os 110 cm de lonxitude; está composto de tecidos non moi eréctiles, mais que se compensa coa súa dobre inflexión en forma de S, coñecida como flexura sigmoidea ou «S» peniana, que é capaz de despregarse e permitir o alongamento do órgano fóra da vaina no momento do apareamento. A vaina, dunha lonxitude de 35 a 40 cm e un diámetro de 3 cm, sitúase a poucos centímetros por detrás do embigo.[3][4]

...

Baixar como (para membros premium)  txt (2.4 Kb)  
Continuar por mais 1 página »
Disponível apenas no TrabalhosGratuitos.com